A Asociación Historia e Obxectivos

Fundación

A Asociación Rianxeira de Empresarios foi fundada no mes de xaneiro de 1988 co fin principal de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados.


No ano 2005, aproveitando a agrupación de empresarios xa existente, fundouse o CCA de Rianxo Comercio Unido, dependente da anterior, e no que se incluíron os establecementos asociados pertencentes aos sectores do comercio, a hostalería e dos servizos.

Obxectivos

O obxectivo fundamental do CCA é o de promocionar e revitalizar ditos sectores mediante a mellora e a modernización dos mesmos, co fin de acadar unha calidade óptima dos seus servizos, fidelizar aos seus clientes e converterse nun espazo comercial e de ocio para o goce destes. Todo isto repercutirá de xeito positivo no desenvolvemento económico dos citados sectores, e por ende, no do propio Concello de Rianxo.