Nova

Escuncha o mexillón

05/10/2016

Bases do certame

 

ESCUNCHA O MEXILLÓN

 

BASES DO CERTAME

 

  1. Organización.- O Certame é organizado por ASPROMERI e conta coa colaboración da ARE.

  2. Participantes.- O ámbito xeográfico do certame será o Concello de Rianxo e poderá participar nel calquera establecemento hostaleiro do citado concello que posúa as licencias oportunas. Cada establecemento poderá presentar ao concurso unha soa tapa cuxo principal ingrediente deberá ser o mexillón.

  3. Premios.- Establécense 3 premios: 1º, 2º e 3º as tres tapas máis votadas. Os gañadores recibirán un trofeo e os establecementos que non resulten premiados recibirán un diploma acreditativo da súa participación.

 

Como premio á participación do público sortearase, entre os clientes que efectuaron de xeito correcto a súa votación, un vale de compra de 50 €. Para isto depositaranse todas as cartillas de votación válidas nunha urna e extraerase, ao azar, unha delas.

 

  1. Votación do público.- Os establecementos hostaleiros terán tarxetas de votación a disposición dos clientes. Cada vez que un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle dita tarxeta.

 

Os clientes que degustaran, polo menos, 6 das tapas presentadas a concurso poderán emitir o seu voto (1 cartilla = 1 voto) indicando a súa tapa preferida e cumprimentando os seus datos na parte da cartilla de votación destinada a tal fin. Dita cartilla deberá depositarse nas urnas que se habilitarán nos locais participantes e nas sedes de Aspromeri e a ARE. O prazo para exercer a votación rematará o xoves 20 de outubro.

 

Non serán válidas as cartillas de votación que non conteñan os datos seguintes:

 

      • Selado de, polo menos, 6 dos establecementos hostaleiros participantes no certame.

      • Voto escrito de forma lexible.

      • Nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto escritos tamén de forma lexible.

 

  1. Degustación das tapas.-

 

As tapas presentada ao certame deberá estar a disposición dos clientes, como mínimo, o venres 14 de 20:30 a 23:00 horas, e o sábado 15 de 13:00 a 15:00 e de 20:30 a 23:00 horas. Os establecementos participantes poderán ampliar este horario pero nunca reducilo.

 

Os establecementos participantes deberán:

 

      • Colaborar nas accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento.

      • Exhibir de xeito visible a tapa a concurso e toda a información relativa ao certame.

      • Selar a cartilla de todos os clientes que fagan consumición da tapa a concurso correspondente e contabilizar o número de tapas vendidas.

      • Colaborar coa organización na recollida de información destinada á valoración final do certame.

 

  1. Resolución.- Os gañadores do certame faranse públicos, logo do reconto dos votos, o venres 21 de outubro.

  2. Aceptación das bases.- A participación no certame supón a aceptación plena destas bases así como tamén, a autorización á ARE para a utilización dos datos persoais facilitados polos participantes, única e exclusivamente, para os fins propios deste certame. Esta autorización faise extensiva á imaxe dos gañadores para os efectos de publicidade do resultado do citado certame.

 

O incumprimento destas bases por parte de calquera participante supón a privación de todos os dereitos que poidan derivar da participación neste certame.

 

Segundo o establecido na LOPD, a ARE comunica aos participantes no certame que poderán exercitar os seus dereitos ARCO na sede da ARE (Rúa Hospital, 14. 15920 Rianxo).

 

A organización resérvase o dereito de modificar, total ou parcialmente, as presentes bases así como o de suspender o certame sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

 



ARE