Nova

Escuncha o mexillón

10/08/2017

Segunda edición do certame de tapas de mexillón organizado por ASPROMERI e no que colabora a ARE



 

Os días 25 e 26 de agosto celébrase a segunda edición do Certame de tapas "escuncha o mexillón", organizado por ASPROMERI e no que colaboramos desde a ARE.

Durante os días indicados diversos establecementos hostaleiros do concello servirán aos seus clientes tapas elaboradas co mexillón como ingrediente principal.

A clientela que desexe participar na elección da mellor tapa poderán pedir a súa cartilla de votación nos locais participantes e deberán probar, como mínimo, 6 das tapas a concurso, solicitando o selado da cartilla por cada unha delas. Unha vez completadas as cartillas deberán cubrilas (voto, nome e teléfono de contacto) e depositalas nas urnas que se habilitarán a tal fin nos establecementos participantes hasta 31 de agosto.

Entre os clientes que emitisen a súa votación sortearase un vale de 50 €.

As tapas gañadoras e o agraciado co vale de 50 € daranse a coñecer o venres 1 de setembro.

Consulta as bases premendo no enlace seguinte:



ARE